O Pazo da Cultura acolle o Festival de fin de curso das Escolas do Padroado

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este domingo 12 a última das actividades do programa de actuacións das Escolas do Padroado da Cultura de Narón para o curso 2015-2016. Serán os alumnos da Escola de Baile de Salón os protagonistas da xornada, que consistirá nun festival no que participarán 278 persoas de todas as idades (a partir de 4 anos). O primeiro pase será ás 17 horas e o segundo comezará ás 19:30, sendo preciso adquirir entradas na taquilla do Pazo, a un prezo de dous euros, para poder asistir.

Bailes latinos e bailes estándar son as modalidades nas que participará o alumnado da Escola de Baile de Salón de Narón. O centro é o que máis licenzas ten en España e contra entre os seus alumnos con parellas campionas e subcampionas galegas e de España de Bailes Latinos, ademáis de campións galegos e de España nas categorías Xuvenil e Junior de Danza Coreográfica.

O festival deste domingo porá o broche final ao traballo realizado polos rapaces e rapazas que asistiron no curso 2015-2016 á Escola de Baile de Salón do Padroado da Cultura, protagonistas tamén das actuacións desenvolvidas nos últimos meses en varios eventos celebrados en Narón e noutros concellos da zona.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …