Narón organiza talleres para construir xoguetes dirixido a nenos

A concellería de Educación de Narón, dirixida pola edil Mercedes Taibo, organiza unha nova actividade para nenos de 4 a 8 anos consistente nun taller para cosntruír enredos con material de refugallo que se celebrará este venres, 10 de xuño, no local social de Piñeiros entre as 18 e as 19:30 horas. A actividade é de balde pero é preciso anotarse previamente.

Os participantes aprenderán a facer os seus propios xoguetes, dun xeito divertido e económico, utilizando materiais de refugallo. A actividade enmárcase no programa Apego, que promove a socialización en galego da infancia, e correrá a cargo do proxecto Xandobela. Un dos obxectivos desta proposta é fomentar a creatividade e a autonomía dos menores, que ademais gozarán dunha divertida tarde de xogos con rapaces da súa mesma idade.

Os interesados en participar deben inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.1516) ou no enderezo electrónico: a.pita@naron.es.

Deberán facilitar o nome e idade do neno que participará na actividade, o nome e apelidos da súa nai ou do seu pai, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto. En total ofértanse cincuenta prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as familias que forman parte do proxecto Apego.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …