Narón acolle una nova campaña de recollida para o Centro de Recursos Solidarios

A edil de Acción Social, Catalina García, informou do inicio dunha nova campaña de recollida de produtos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Nesta ocasión, a Academia September de Xuvia, que xa colaborou en convocatorias anteriores, recolle durante todo este mes roupa, cueiros e comida para bebés dos usuarios das citadas instalacións solidarias.

As persoas que desexen colaborar poden entregar o material na propia academia, localizada no baixo dereita do número 833 da estrada de Castela, en horario de 15 a 22 horas.

Desde o Consistorio naronés pediuse toda colaboración co Centro de Recursos Soildarios, cuxa sede se localiza nunha nave do polígono industrial de Río do Pozo e desde donde se atende a familias de Narón e a outros concellos da comarca.

Lea también

A proba de ultrafondo ‘21 Leguas’ de Narón activa inscricións

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente …