Unhas 1.600 persoas asistiron ao Festival de Fin de Curso das Escolas de Música e Baile Tradicional no Pazo da Cultura

naron-fin de curso-5-6 As alumnas e os alumnos das Escolas de Música e Baile Tradicional do Padroado da Cultura de Narón encheron este domingo de público o Pazo da Cultura na celebración do Festival de Fin de Curso.

Unhas 1.600 persoas presenciaron as actuacións, desenvolvidas en dous pases, un de alumnado infantil e outro de adultos. Algo máis de 550 rapaces e rapazas subiron ao escenario a partir das 16.30 horas para amosar aos seus familiares e amigos, que se atopaban entre os espectadores, o traballo realizado desde o pasado mes de outubro, tralo inicio do curso. Ao rematar as diferentes actuacións os participantes recibiron un diploma acreditativo da súa asistencia ás respectivas Escolas de Música e Baile Tradicional. A vicepresidenta do Padroado da Cultura e edil da área, Marián Ferreiro, encargouse de dar os diplomas aos nenos e nenas de 3 e 4 anos que acudiron á actividade de «O Recuncho dos pequechos» , no que foi a súa primeira incursión en moitos casos no mundo da música tradicional e que lles permitiu aprender a tocar algún pequeno instrumento.

Foi precismente o pase do alumnado infantil o que abriu o festival, ás 16.30 horas, e no mesmo participou ademais dos nenos e das nenas de «O Recuncho dos pequechos» , o alumnado dos grupos de pandeireta e grupo de baile.

Finalizadas estas actuacións, pasadas as 19.00 horas, deronn comezo as dos adultos matriculados nas clases de gaita, percusión, canto e pandeireta, danza tradicional e zanfona.

O Festival de Fin de Curso estivo tamén amenizado pola Banda de Gaitas e polo Grupo de Baile Tradicional Alxibeira, que actuaron durante os pases de infantil e de adultos.

ÉXITO DAS ESCOLAS

Ao igual que nos últimos anos, as Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura de Narón tiveron máis dun milleiro de alumnos e alumnas no último curso. O éxito destas Escolas está avalado pola cantidade de persoas que ano tras ano se matriculan nalgunha das actividades formativas que se imparten desde o Padroado da Cultura, dirixidas a persoas de diferentes idades.

O alumnado implicouse esta tarde no festival co que se puxo o broche final ao curso 2015-2016. «Os rapaces e rapazas que asistiron ás Escolas de Música e Baile Tradicional deron hoxe conta do seu esforzo e dedicación a estas actividades nos últimos meses e, nalgúns casos, cunha traxectoria formativa iniciada hai varios anos nestas Escolas» , asegurou Marián Ferreiro,  edil de Cultura, que os felicitou polos avances obtidos no curso que rematou.

Ferreiro destacou o gran respaldo que ano tras ano teñen as Escolas do Padroado da Cultura de Narón e apuntou que en resposta a esa boa acollida tamén se traballa por ampliar o número de propostas formativas, indicando como exemplo o feito de que no último curso se ofertasen por primeira vez clases de acordeón.

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …