Eliximos Narón programa una charla para a explotación conxunta dos montes

Eliximos Narón organiza o próximo mércores día 8 de xuño, no local social de O Val, as 19 horas, unha charla sobre as vantaxes das asociacións de propietarios de montes para a súa posta en valor e explotación conxunta.

Nesta charla contarase coa colaboración de membros da Asociación Agroforestal Terra Rendible, que contará a súa experiencia neste tipo de asociacionismo e nos seus traballos de explotación dos montes.

Según declararon desde Eliximos Narón, a charla é aberta a todo as persoas da comarca «aínda que celebrada en O Val pensando en animar aos afectados pola parcelaria de O Val – Meirás – Lago II,que afecta tamén a montes de San Mateo, a unirse para defender e rendibilizar as súas novas propiedades».

Lea también

Ingresa en prisión tras agredir con una hoz a otro hombre en un asentamiento chabolista de Freixeiro, en Narón

Agentes de la Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido a un varón como …