A Mostra de Teatro Amador remata este domingo coa obra «Quen vai á guerra!»

O local social da Pombiña, en Pedroso, acollerá este domingo 5 a última das sesións programadas na parroquia con motivo da oitava edición da Mostra de Teatro Amador, organizada pola entidade veciñal da parroquia coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón. O grupo de teatro da Pombiña pechará o ciclo coa representación da obra Quen vai á guerra?, cuxa autora e directora é Betty Couce. A posta en escena comezará ás 19 horas e a entrada é de balde.

O espectáculo teatral deste domingo porá fin a un ciclo iniciado en Pedroso o pasado 15 de maio. Desde entón representouse unha obra cada domingo no local da Pombiña. A peza 2021: Unha odisea na terra, do grupo da Escola de Formación de Actrices e Actores e dirixida por José Prieto, abriu o programa, ao que seguiron as representacións de Non hai ladrón que por ben non veña, co grupo do Obradoiro de teatro da Fundación Terra de Trasancos, dirixido por Silvia Casal; A creación, do Obradoiro de teatro de Piñeiros e dirixido por Maite Da Costa-e, esta semana, Quen vai á guerra?.

O ciclo desenvolveuse tamén na parroquia de San Xiao e un dos obxectivos do mesmo é levar actividades culturais, neste caso o teatro, ás parroquias da localidade.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …