Alumnado da Escola de Actores de Narón do Padroado da Cultura actúa hoxe no Auditorio

O teatro continuará centrando as actividades a desenvolver esta semana no Auditorio municipal. Esta mesma tarde, a partir das 20:30 horas, terá lugar a mostra final das clases de Interpretación, na que participará alumnado de terceiro curso da Escola de Formación de Actores do Padroado da Cultura de Narón, dirixida por Flor Maceiras. Representaranse escenas de Hamlet e da Casa de bonecas.

Na xornada de mañá será o grupo de teatro da Pombiña, de Pedroso, o encargado de subirse ao escenario do Auditorio municipal, a partir das 20:30 horas e o sábado, día 4, será o fin de curso dos obradoiros teatrais dos grupos de Sedes e Virxe do Mar, a partir das 20 horas. A entrada a todos estes espectáculos é de balde.

As actuacións desenvolvidas por alumnado das diferentes Escolas do Padroado da Cultura sucédense no municipio desde o pasado mes de outubro, tralo inicio das clases, con representacións teatrais e espectáculos de música en diferentes localizacións, maioritariamente da localidade pero tamén noutros concellos. Coincidindo co final de curso, convócanse estes días as últimas actividades, cuxo remate está programado no Pazo da Cultura para o vindeiro 12 de xuño.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …