Afloran as discrepancias no grupo de goberno de Ares

Ares-Casa_do_ConcelloNo pleno do día deste luns disparáronse en Ares as alarmas por mor da discrepancia no grupo de goberno -PSOE-NAL-SON- até o punto de que o alcalde decidíu retirar da orde do día un tema polémico; a aprobación da Relación de Postos de Traballo. Un tema que foi «mal parido» dende o principio. A súa aprobación inicial foi feita cunha corporación en funcións e vai dirixida sobre todo a «acomodar» as contratacións a dedo que realizou o goberno do PSOE nos oito anos anteriores, ademáis de que non contar coa aprobación do personal funcionario, e que rexistra erros de calado como suliñou o secretario no seu informe. e coma informa o BNG aresán.

Aínda así, o portavoz de NAL pretendía tirar para adiante e celebrar a votación, feito que non foi posible ao decatarse o alcalde de que a súa aprobación non cumpriría, ao haber un novo documento presentado por rexistro o pasado venres, que non foi ditaminado pola respectiva comisión informativa e ao carecer dun novo informe do Secretario-Interventor.

Este detalle evidencia unha falta total de comuniciación e acordo entre os distintos membros do goberno local, que o mesmo alcalde recoñeceu ao manifestar no pleno que el non ten culpa de que mande unha cousa e que non lle fagan caso e reflexionou en voz alta a posibilidade de «a partir de ahora, tendré que pasar las cosas por registro para que quede constancia de lo que mandé hacer» , en clara alusión non só ao Concelleiro de Personal; Luís Cendán, voceiro de NAL, senón tamén a membros do seu propio partido.

No que tampouco se puxeron de acordo Julio Iglesias e Luís Cendán foi noutro punto da orde do día, ao respecto da acomodación do personal subrogado de Viaqua, xa que Luís Cendán facía alusión a un informe do Secretario ao respecto dos plazos para a acomodación do persoal -de 6 meses- mentres que o alcalde manifestaba que non había tales plazos. A pesar disto o punto foi aprobado polos votos a favor de PSOE-NAL e SON, logo de 2 anos e 6 meses transcurridos dende a subrogación do servizo de augas. Na mesa de negociación os representantes dos traballadores anunciaron que pleitearán para defender os dereitos dos traballadores afectados.

O BNG denuncia un total abandono de organización e de planificación municipal e un malestar máis que evidente por parte dos traballadores, «esto son os froitos dos pactos por interés personal, feitos de costas á veciñanza» , manifestou o voceiro do BNG, Emilio Mesías.

Lea también

A Alianza Aresana acolle a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

Como xestionar a alta sensibilidade de forma amable, creativa e sostible? Que historias poden inspirarnos …

2 comentarios

  1. empiezan los problemas en la dictadura del sr julito

  2. ·#al sr. gatoblanco/ De que dictadura me hablas tú, de la del PP o de la del BNG, porque si hablamos de los primeros y vemos que se han forrado al menos en la ostentación de su representante en el concello( perdón que el sujeto está suspendido judicialmente por prevaricación) o, del Bloque, que siempre con o sin razón (la mayoria de las veces) disienten de lo que el gobierno socialista haga en el concello, pero lo mas espeluznante es la pinza echa a la entonces alcaldesa socialista. Con que criterio se puede juzgar tan a la ligera al gobierno de coalicción de Ares.