O Pazo da Cultura de Narón acolle este sábado a popular obra «Atchúuusss!»

Os actores Fernando Tejero, Malena e Ernesto Alterio, Enric Benavent e Adriana Ozores integran o elenco da obra Atchúuusss!, que a compañía Lázaro Producciones traerá este sábado 4 de xuño, ás 20 horas, ao Pazo da Cultura. Esta comedia dunhas dúas horas, dirixida ao público adulto, na que por primeira vez se suben ao escenario xuntos os irmáns Alterio, é do autor ruso Antón Chéjov. Os cinco actores interpretarán diferentes personaxes nunha historia na que os sentimentos e o humor farán gozar aos espectadores desde os primeiros minutos.

As últimas entradas poden adquirirse aínda na taquilla do Pazo da Cultura, a un prezo de 18 euros para o público en xeral e de 12,60 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados..

Lea también

Buenos resultados del AD Náutico de Narón en el Cto de España de Triatlón Cross, Duatlón Cross y Acuatlón

Buena actuación de los deportistas del Tri Náutico de Narón desplazados a Calahorra (LA Rioja) …