Eliximos Narón aposta pola escola rural

esacuela rural de sedesEliximos Narón aposta pola escola rural e pide o apoio para o Programa Experimental
proposto dende Sedes para estudar a súa expansión a todo o rural galego.

Dende Eliximos fíxose un pequeno estudo respecto da situación entorno da escola rural para incidir na
necesidade da súa defensa e apoiar a petición que se fai dende Sedes para poñer en marcha un
programa experimental a implantar inicialmente nalgunhas escolas rurais galegas para posteriormente
estendela a toda a escola Rural.

O programa tería dúas fases, na primeira incluiríase os dous ciclos de educación infantil e dotaríase dun
servizo de comedor por cátering, mentres que na segunda desenvolveríanse programas de educación
(regrada e non regrada) permanente de adultos, coma unha función e servizo público de proximidade
para as persoas habitantes do rural, facilitando así a igualdade de oportunidades para acceder ós
servizos públicos.

A oferta formativa de menos de 3 anos e claramente insuficiente en todo Galicia e mais concretamente
en Narón, e incide na conciliación da vida familiar e laboral e, indirectamente pero de forma moi
negativa na igualdade da muller e nos índices de natalidade.

É necesaria unha maior relación entre a escola e as nais dende a formación durante o embarazo á
crianza dos fillos con parentalidade positiva.

Por outro lado, neste século onde a evolución tecnolóxica é exponencial é necesario dar o apoio ao
rural para que as súas xentes non queden estancadas no pasado, polo que a escola pode e debe
ofrecer a formación socio-económica para persoas en idade produtiva, que lles permita adaptarse as
necesidades tecnolóxicas e produtivas dos novos tempos, aínda que sen renunciar a educación non
académica de adultos da que están carentes no medio rural, con metodoloxía activa, variada e
próxima ás motivacións das persoas.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …