Alumnos do CPI o Feal e da Asociación Nosa Señora de Chamorro visitaron o Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta mañá dúas novas visitas de alumnado do municipio no salón de plenos. A primeira, ás 10 horas, foi dun grupo de vinte e cinco estudantes de sexto curso de Primaria do CPI do Feal e a continuación, sobre as 11 horas, chegaron dezasete rapaces e rapazas da Asociación Nosa Señora de Chamorro.

Todos os visitantes recibiron unha serie de explicacións sobre o Concello e o funcionamento da administración local e tiveron a oportunidade de conversar co alcalde, que respostou a cantas preguntas lle formularon os representantes de ambos centros.

Como recordo da súa visita ao Concello naronés todos eles recibiron un agasallo institucional.

Lea también

Ingresa en prisión tras agredir con una hoz a otro hombre en un asentamiento chabolista de Freixeiro, en Narón

Agentes de la Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón han detenido a un varón como …