O BNG de Ferrol insta ao Concello a adoptar medidas polos traballadores de Porta Nova

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, ante a situación «recurrente e limite na que se atopan os traballadores dependentes da concesionaria do aparcadoiro de Porta Nova», demandou esta mañá na comisión de Facenda ao goberno municipal que proceda a iniciar a resolución do contrato que mantén coa empresa PortaNova Park para a xestión do aparcadoiro do centro comercial de Porta Nova, así como que desenvolva unha inspección nas instalacións «de maneira inmediata para poder iniciar o procedemento para a resolución do contrato».

Os nacionalistas sinalaron así «a falla de mantemento das instalacións e a non prestación do servizo tal e como está a acontecer no momento actual é causa suficiente para que o Concello proceda a resolución da contrato», demandando por ello ao goberno de Suárez a «adoptar estas decisións de maneira inmediata e que concerte unha reunión entre os traballadores, a empresa e o Concello co fin de dar unha solución definitiva á situación límite na que se atopan os traballadores dependentes desta concesión e que levan máis de catro meses denunciando está situación mentres permanecen sen cobrar».

Lea también

Este viernes, si el tiempo lo permite, saldrán cuatro procesiones en Ferrol

 Llega el Viernes Santo, la jornada central del Tríduo Pascual, una jornada en la que …