O Pazo da Cultura de Narón acolle o monólogo «Contar» de Celso F. Sanmartín

O poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín será o protagonista do monólogo Contar, o terceiro que se desenvolverá este mes no Pazo da Cultura con cargo ao Festival do Monólogo Teatral Singular, impulsado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2. O espectáculo comezará este venres ás 20:30 horas e terá unha duración duns noventa minutos.

O monólogo Contar permitirá ao público gozar das historias de Sanmartín, cuxo éxito profesional está avalado coa publicación de varias obras poéticas propias desde a década dos anos 90 e a participación noutras de carácter colectivo e tamén de recoñecida sona, entre outros traballos.

As entradas xa á venta na taquilla do Pazo e teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …