Promoción Económica de Narón convoca ao sector hostaleiro a unha xuntanza de traballo

O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, convoca ao sector hostaleiro da localidade a unha reunión de traballo que terá lugar o vindeiro luns, día 11 de abril, na Biblioteca municipal. A xuntanza, que comezará ás 17 horas, prográmase «co fin de darlle un novo pulo, un salto cualitativo, ao programa Narón gastronómico», impulsado desde a área que preside Villamar en vigor desde o ano 2013, e no que se inclúen accións como o concurso de Tapas de Entroido ou a iniciativa Horta de Narón.

O edil explicou que entre as prioridades do encontro está a creación do Club Narón Gastronómico, un espazo, explicou, no que o Concello e os hostaleiros locais colaborarán na integración das diferentes actividades a impulsar para «crear talento, fomentar a innovación e pór en valor a hostalería naronesa», apuntou. O citado Clube contaría cunha páxina web propia e tamén disporía dunha oficina técnica a través da que se informaría aos representantes do sector das actividades a levar a cabo, tal e como apuntou Villamar.

O concelleiro naronés incidiu en que aproveitará ademais a xuntanza «para escoitar as demandas do sector», polo que animou aos hostaleiros do municipio a acudir a esta convocatoria.

Lea también

El primer premio de la Lotería Nacional deja 360.000 euros en Narón

La suerte de la Lotería Nacional se dejó caer este pasado sábado en Narón. La …