Igualdade de Narón convoca una charla sobre saúde cardiovascular femenina

A última das actividades incluídas no programa de actos deseñado polo Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller terá lugar este venres, 1 de abril, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

Así, ás 18.30 horas haberá unha charla sobre Saúde cardiovascular feminina. O médico do centro de saúde de Narón e integrante da Asociación de Amigos do Corazón (Amicor) Carlos Piñeiro impartirá esta charla.

Desde a Concellería de Igualdade anímase á veciñanza a acudir a esta convocatoria, na que se abordarán, entre outros asuntos, os factores de risco cardiovascular entre as mulleres.

Lea también

El primer premio de la Lotería Nacional deja 360.000 euros en Narón

La suerte de la Lotería Nacional se dejó caer este pasado sábado en Narón. La …