Carlos Outeiro Baamonde, eleito como responsábel local do BNG de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol procedeu o pasado martes a renovar a súa dirección local nunha asemblea, un proceso enmarcado na XV Asemblea Nacional da formación e do que saiu eleito como responsábel local Carlos Outeiro Baamonde.

Ademais de Outeiro, o novo Consello Local do BNG estara formado por Roberto Montero (Vice-Responsábel), Eva Espiñeira, Iván Rivas, Dolores Prieto, Ramón Fernández, Xoán Xosé Lourenzo, Pedro Fernández, Luisa Sánchez, Ladislau Rodríguez, Elia Rico, Miguel Anjo González, Iolanda Gómis.

Desde o BNG sinalaron que «co impulso da recente Asemblea Nacional, en breve abriremos à sociedade o proceso de refundación, de adaptación da organización ás necesidades actuais do obxectivo de sempre, sermos útiles a Galiza».

Nesta asemblea, tamén se analizaron as liñas de traballo que o BNG vai desenvolver a nível local nos vindeiros meses e resaltouse a importancia política do traballo do BNG, resaltando que os debates sobre os problemas estruturais da localidade están presentes cando son formulados pola organización nacionalista.

Lea también

El TSXG confirma un año y ocho meses de prisión por un robo con fuerza en la cantina de un campo de fútbol en Ferrol

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de un año …

Un comentario

  1. Ya estuvo otra vez y fue un verdadero desastre