O Concello de Narón retoma as visitas guiadas ao mosteiro do Couto

monasterio de o couto

O Concello de Narón retomará este domingo 20 por tercer ano consecutivo as visitas guiadas ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto, que poderán realizarse ata o 27 deste mes, incluído. Así o anunciou a concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, que subliñou a boa acollida que ano tras ano, e que desenrolase durante a Semana Santa. Ao longo de oito días as persoas interesadas poderán visitar diferentes estancias desta construción relixiosa nas visitas que se programarán en horario de mañá, entre as 11 e as 13 horas, e de tarde, de 16 a 19 horas.

Dúas guías encargaranse de acompañar aos visitantes, en grupos reducidos dunhas sete persoas, polo interior e os xardíns exteriores do mosteiro durante os percorridos, de aproximadamente unha hora de duración.

Os visitantes coñecerán diferentes espazos da edificación e recibirán as pertinentes visitas sobre as funcións en cada unha delas e tamén de cómo transcorría o día a día no cenobio na tempada en que estivo habitado. Os interesados terán que cumplimentar unha instancia que se lles entregará á súa chegada ao mosteiro, facilitando os seus datos persoais antes de comezar a visita.

GEsta actividade representa unha moi boa oportunidade para a veciñanza de Narón e tamén doutros concellos de coñecer máis en profundidade a historia do cenobio do Couto, un dos edificios relixiosos con máis sona na nosa localidade», apuntou Hermida.

Para máis información pódese consultar a páxina web: www.turnaron.es.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …