O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sinalou esta mañá o estado da muralla exterior do Sánchez Aguilera, que vai desde a explanada até a casa do coronel pola avenida do Rei, considerando que «se atopa nun deficiente estado cunhas importantes grietas que a poñen en perigo», reiterando así que «é unha obriga do goberno local esixir formalmente ao Ministerio de Defensa e ao resto de administracións con propiedades abandonadas no Concello de Ferrol que atendan as súas obrigas de conservación dos inmobles e parcelas da súa propiedade que permanecen no máis absoluto abandono, así como aos particulares mediante a correspondente ITE e ordes de execución».
«Goberno local continúa a desenvolver a mesma dinámica do goberno do Partido Popular sen esixirlle ao Ministerio de Defensa o mantemento adecuado das súas instalacións, asumindo o convenio con Defensa que é totalmente gravoso para a cidade e as arcas municipais e non se quere rachar con esta dinámica perxudicial para coa nosa cidade», aseguraron os nacionalistas.
«O Goberno Local sigue sen querer cobrarlle ao Ministerio de Defensa o IBI polas instalacións desafectadas, e que por tanto teñen a obrigación de pagar, e sen embrago se continúa a gastar diñeiro municipal en instalacións que son propiedade do Ministerio de Defensa sen demandarles que as manteña en bon estado de conservación e uso como acontece estes días coa parcela do Sánchez Aguilera que se utiliza como estacionamento».
Os nacionalistas remataron sinalando que «resultra sorprendente que se desenvolvan estes traballos en parcelas que non son municipais mentres un aparcadoiro de propiedade municipal como o da praza de Armas non se abre ao público para o seu aceso libre, nen se fai ningun tipo de gasto neste aparcadoiro que poderia entenderse provisional como o do sánchez Aguilera coa salvedade de que estamos a falar dunha propiedade municipal».