O deputado do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, en compañía do portavoz do PP no Concello de Narón, Marcos López, solicitaron ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, a axilización dos trámites que dean para o inicio do proceso definitivo de construción do novo centro de saúde naronés.
Hipólito Fariñas lembrou ao conselleiro a recente proposición non de lei aprobada no Parlamento a través da que se demanda á Xunta que busque as fórmulas máis adecuadas para a construción dun novo Centro de Saúde no concello de Narón.
Acordo imprescindible
Neste sentido, o conselleiro lembrou que a Xunta xa conta con 100.000 euros nos orzamentos deste ano para iniciar a redacción do proxecto deste centro de saúde, pero reiterou que é imprescindible a sinatura dun acordo entre a Consellería e o Concello de Narón no que se recollan os compromisos a cumprir por parte das dúas administracións.
Fariñas salientou a total disposición amosada polo conselleiro de Sanidade para levar adiante este proxecto, ata o punto de que Vázquez Almuíña anunciou que proximamente convocará ao alcalde de Narón para unha xuntanza na que dar o impulso definitivo ao novo centro de saúde.
Pola súa banda, Marcos López amosou a súa satisfacción polo compromiso firme do conselleiro de cara a poñer en marcha unha infraestrutura sanitaria necesaria para cubrir as necesidades de todos os veciños de Narón. Así mesmo, destacou que por fin se clarexe un tema que nunca debeu permanecer tanto tempo parado e en debates estériles.
Y ahora el Sr. Blanco ¿cumplirá? ¿pondrá pegas? ¿que nueva disculpa sacará de debajo de la alfombra?
Vaia oh, teño que ir a oposición a facerlle os deberes o señor Blanco?
Muy bien gente. Desde el 2011 el proyecto bloqueado… merecéis llevar vosotros el timón de este barco.
Una imagen mejor que mil palabras https://www.youtube.com/watch?v=pQqSnbx4hlQ
¿E non terán eles os dous millos de euros que fan falta, non?
Tiene que poner el dinero el que está en la oposición? Jajaja
En Narón hace mucho que se echa de menos alguien más joven que estos que llevan 30 años gobernando, que es demasiado. Le pedimos al presidente de España que como mucho 8 años, pero tragamos con los mismos gobernando 30 años. Hace falta alguien que venga con ganas y con empuje, y ya si tiene preparación fantástico.
Celebro que el PP de un paso al frente ya que Blanco y TEGA no lo hacen. Hay que quitarles la careta y las excusas.
Papel mollado e fogetes de festa ppera , a 4 meses escasos de lexislatura do PP na xunta aprobeitan politicamente pra facer campaña electoral con unha necesidade veciñal , fai 8 meses megouse rotundamente ise proxecto e fai 2 meses megouse dende a Conselleria de Sanidade gobernada por o PP unha proposta municipal pra ampliar o servicio de anbulacias para Naron e Ferrolterra , agora veñenos con que faran o centro de saude novo , anda xa!! Despoi de negarnolo 8 anos , o señor Fariñas e Marquitos veñen a tirar fogetes de feira a 4 meses das eleccions Autonomicas , jajaja , xa non somos nenos bobos , ¿ a quen queredes enganar agora ? Anda xa!!
Es el proyecto que TEGA dijo que ya había conseguido firmar antes de las municipales? Ese?