Corenta prazas disponibles para a próxima andaina «Ponte en ruta con nós»

naron-primeira andaina-22-11-2

Un cento de persoas confirmaron a súa asistencia á próxima andaina do programa do Concello de Narón Ponte en ruta con nós, que discurrirá entre as praias de Santa Comba, en Ferrol; e de Campelo, en Valdoviño, o vindeiro día 21.

O edil de Deportes do municipio, Román Romero, animou aos veciños a participar nesta convocatoria recordando que hai corenta vacantes, sendo 140 o máximo de participantes. As persoas interesadas en asistir dispoñen ata o día 17 de febreiro de prazo para anotarse, un trámite que deben realizar no pavillón polideportivo da Gándara de luns a xoves, en horario de 9 a 13 horas e de 16:30 a 18:30 horas, e os venres de 9 a 13 horas. O prezo por participante é de tres euros, cantidade na que se inclúen gastos de desprazamento en autobus ata o punto de inicio da ruta e un avituallamento.

Os participantes realizarán un percorrido duns once quilómetros. A saída será do pavillón polideportivo da Gándara, desde donde un autobús levará aos camiñantes ata o punto de saída da ruta, no areal de Santa Comba e tamén os levará de regreso desde a praia de Campelo ata o pavillón polideportivo da Gándara unha vez remate a andaina.

Lea también

Uns 350 escolares participan nos obradoiros de murais programados dende polo Concello de Narón en centros de ensino

Uns 350 escolares de once centros de ensino de Narón participan nos obradoiros de murais …