Os ferroláns e a fundación das Irmandades da fala

O Foro de Amigos de Ferrol quere lembrar que o próximo 2017 se cumpren 100 anos da fundación na nosa cidade de Irmandades da fala.

—-ooOoo—-

OS FERROLÁNS E A FUNDACIÓN DAS IRMANDADES DA FALA

Neste ano 2016 vaise a celebrar o centenario da fundación das primeiras Irmandades dos Amigos da Fala na Coruña, nos locais da Real Academia Galega, xustamente o día 18 de Maio de 1916. Nomeado o seu primeiro presidente Antón Villar Ponte, a fundación da entidade coruñesa foi seguida pola creación das Irmandades da Fala de Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense e Vilaba durante ese mesmo ano.

burgoa-31-1-1Segundo varios estudosos, o chamamento para defender a lingua galega feito o ano 1915 polo escritor ferrolán residente en Madrid, Aurelio Ribalta, ao fronte dun grupo de intelectuais galeguistas,  desde a revista «Estudios Gallegos», que il mesmo fundou e naquel intre dirixía, foi o auténtico xermolo da posterior creación das Irmandades da Fala.

Entrementras, os anos 1915 e 1916 foron os tempos nos que a parella ferrolá de autores e actores teatrais Eduardo Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida comezaron a compoñer as súas obras teatrais, os seus coñecidos «parrafeos», caso de «Mal de moitos» e «Trato a cegas», obras coas que fixeron un gran labor na difusión do idioma galego, empregando unha fala popular e coloquial.

burgoa-31-1-2

Ámbolos dous autores pouco máis tarde xogaron un importante papel na creación das Irmandades da Fala en Ferrol. O 15 de Abril de 1917, pronto vanse a cumprir 100 anos desa data, tivo lugar a creación das Irmandades da Fala en Ferrol, nun acto celebrado no local da rondalla Airiños da Terra, no entón número 27 da rúa Real, hoxe número 65. Formaron parte do Consello Local de Irmandades da Fala, como conselleiro primeiro o médico Xaime Quintanilla, como conselleiro segundo o mestre Xoán García Niebla, como tesoreiro-contador o médico e poeta Francisco Cabo Pastor e como secretario Eugenio Charlón.

Estiveron presentes no acto da fundación de Irmandades da Fala coñecidos personaxes da vida ferrolá como Manuel Comellas, Emiliano Balás, Seoane Pampín, Cayetano Vaello, Emilio Bidegaín, Fraga do Porto, Ramón de Arana e Camilo Díaz Baliño, ademáis de Manuel Sánchez Hermida. Cando se van a cumprir cen anos da Fundación de Irmandades da Fala semella que se podería  colocar no lugar da súa  fundación unha placa que lembrase o acto, como se fixo na Coruña.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …