Eliximos Narón pide ao goberno un Plan Anual de Estatística do Concello

naron-concello-20-1

Dende o grupo municipal Eliximos Narón Electores consideraron que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica «é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello», en referencia a que pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.

«Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello», destacaron.

Así, dende Eliximos presentaron hoxe unha moción instando ao Tripartito «a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar».

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …