O alcalde de Narón responde ás declaracións do PP sobre o IBI

alcalde naron-2-12O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, respondeu ás declaracións realizadas polo portavoz do PP de Narón en relación coa recadación correspondente ao Imposto de Bens Inmobles (IBI) recollido no orzamento de 2016. O rexedor local lamentou que os populares recurran novamente á «terxiversación» para denunciar unha inexistente suba no recibo da contribución na localidade. Blanco aludiu ao informe redactado desde o departamento municipal de Intervención –que se lles facilitou aos grupos-, no que se explica perfectamente, subliñou a situación.

No citado documento reflíctese que no capítulo 1, de impostos directos, entre os que está o IBI, o incremento é dun 2,83% con respecto á anualidade anterior. É máis, recalcou o alcalde, no escrito queda ben claro que esa diferenza «non corresponder a un incremento real da recadación, senón á correcta cuantificación do impacto do 10% da revisión do valor catastral realizada na derradeira Ponencia de Valores aprobada no ano 2008».

No ano 2015 aínda que a previsión de ingresos por este concepto que figuraba no documento contable era de 7,7 millóns de euros, finalmente recadáronse 8,2 millóns de euros, a mesma cantidade, asegurou Blanco, que se ingresará este ano co IBI. «O incremento que corresponde aplicar en 2016 queda compensado coa rebaixa de tipos», tal e como se indica no informe de Intervención, subliñou Blanco, polo que o imposto non experimentará subida algunha este ano.

«O Partido Popular non é quen para indicarlle a este grupo de goberno que hai que dicirlle a verdade á xente e en vez de facer este tipo de recomendacións debería aplicalas porque nós é o que levamos facendo desde que comezamos a gobernar neste Concello, hai xa moitos anos», afirmou o alcalde.

Lea también

O pavillón das Lagoas acollerá este sábado en Narón a “II Xornada da Liga Galega de Halterofilia”

O Concello de Narón colabora nesta actividade, na que participarán un total de 115 deportistas …

4 comentarios

  1. Manuel contreras

    O miente el recibo que tengo en casa o miente el alcalde.

  2. menos mal ya estoy mas tranquilo , pensé que me subieran el ibi, ahora pasare por el concello a que me devuelvan lo que me cobraron de mas , espero que no este mintiendo sr blanco

  3. llevo en naron desde el 2005 y empece pagando por mi piso de 90m en la zona del ayuntamiento unos 190 euros , ahora en el ultimo recibo pague 425 euros , creo que es una autentica barbaridad , elegí naron por los precios de los pisos y su cercanía de ferrol que es donde me habían trasladado de mi empresa , ahora aunque me encuentro contento con los vecinos del barrio creo que me equivoque no haber comprado en ferrol al lado del trabajo pues hecho en falta algunos servicios para los altos impuestos que pago respecto a mi ciudad de origen

    • Ellos juegan con eso. La gente que no es de aqui no suele votar en las municipales, o sea que les da igual lo que opines. Y como sus votantes les son fieles…