
Na Comisión de Participación Cidadá deste luns 18, reunida as 12:00 do mediodía, deuse conta das achegas feitas polos grupos da oposición ao borrador da Ordenanza de Transparencia, Acceso a Información e Reutilización de datos do Concello de Ferrol, que será a base de traballo para regular este eido e axustarse ao marco legal no menor prazo posible.
O concelleiro de Participación, Álvaro Montes, indicou que as achegas ao documento foron feitas polos grupos do PP e C´S a través do Rexistro. Moitas delas serán tidas en contra e outras, foron desbotadas polos propoñentes logo de escoitar as explicacións do edil da área e froito da posta en común. O BNG fixo unha serie de consideracións e suxerencias na comisión que se tratarán de incorporar ao texto final.
O borrador acadou, en esencia, o consenso dos grupos da corporación de Ferrol e queda pendente dunha consulta xurídica coa Secretaría Xeral do Concello sobre o artigo 6 para definir, na propia ordenanza, quen é a unidade responsable da información pública, así como dos mecanismos para regular a reutilización da información que se reflicte no Título V.
Este borrador, que pretende ir mais aló do que esixe a lei en canto a transparencia, parte dun consenso suficiente para o seu próximo debate no pleno.
A ordenanza se completa cun Portal de Transparencia con acceso directo desde a web municipal, na recta final da súa confección e que se está a axilizar todo o posible dentro das limitacións técnicas que existen. Na mesma se volcarán e se actualizarán contidos de interese para a cidadanía sobre as remuneracións e o patrimonio dos membros da corporación municipal e do persoal eventual, así como os procesos de contratación feitos pola Administración local para que a veciñanza dispoña dunha ferramenta para acceder a información de interese
Por último, deuse conta da celebración dunha reunión de avaliación e devolución da información do Foro Civico Reiniciamos? desenvolvido o pasado mes de decembro de 2015, que será, finalmente, o vindeiro 30 de xaneiro no antigo Hospicio.
Moita trasparencia, si si. E as declaracións de bens dos concelleiros e gobernantes onde están? Que hai que ocultar en todo isto?
Con cuatro meses de retraso
o sr montes moito se remanga pero traballar pouco pouco , vagos a traballar
El Sr Montes podría explicar cuanto costó el primer Foro Cívico, cuanto va a costar el Segundo y como y a que empresa se adjudicó