Concerto de panxoliñas este venres en San Martiño de Xuvia

naron-san martiño do coutoA igrexa de San Martiño de Xuvia, na parroquia do Couto, acollerá este venres, día 18, o Concerto de Panxoliñas “Cidade de Narón”, organizado polo Concello. As Corais Areosa, de Piñeiros; Amistade do Couto e Lucero del Alba, de Neda, protagonizarán a convocatoria, que dará comezo ás 19.30 horas.

O Concello anima á veciñanza a asistir a esta cita programada con motivo destas datas do Nadal e que sen dúbida será un evento entrañable debido ao entorno, a acústica e á iluminación que se instalará para a ocasión na citada igrexa. Así mesmo, recórdase que o aforo é limitado ás bancadas do espazo no que se desenvolverá este concerto de panxoliñas.

Lea también

Pedroso, Narón, acolle unha nova edición da romaría da Virxe da O

O Concello de Narón acolleu este martes a presentación da programación da romaría da Virxe …