Sinatura de convenios de colaboración do concello de Narón con tres asociacións

naron-conveniosO alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou na mañá deste xoves tres convenios de colaboración, con outras tantas entidades, por un importe conxunto de 17.000 euros. No acto estiveron presentes as edís de Acción Social e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, así como o presidente de Afaes Porta Nova, Félix Pena; e as presidentas da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, Teresa Gallo e da Asociación Dignidad Galicia, Dolores Romero.

A Asociación Afaes Porta Nova recibirá unha axuda económica de 7.000 euros da administración local, unha cantidade que a compromete a organizar actividades de intervención social en colaboración e coordinación co departamento municipal de Servizos Sociais e tamén accións formativas destinadas a persoas que se deriven ao Centro de Rehabilitación Psicosocial desde o Servizo Galego de Saúde.

O Concello aportará 2.000 euros á Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, unha partida coa que se prestará o servizo de intérpretes en determinados actos municipais e que tamén permitirá colaborar coas tarefas de integración das persoas xordas en diferentes ámbitos sociais.

A Asociación Dignidad Galicia recibirá unha subvención de 8.000 euros destinada á atención a familias e persoas en situación de desamparo e en risco de exclusión social a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón, desde donde ademais de alimentos se proporciona aos usuarios roupa, algún mobiliario e produtos de hixiene e limpeza, entre outros.

O rexedor local, José Manuel Blanco, comprometeu un respaldo económico por parte da administración local ás entidades para o vindeiro ano

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou esta mañá tres convenios de colaboración, con outras tantas entidades, por un importe conxunto de 17.000 euros. No acto estiveron presentes as edís de Acción Social e Igualdade, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, así como o presidente de Afaes Porta Nova, Félix Pena; e as presidentas da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, Teresa Gallo e da Asociación Dignidad Galicia, Dolores Romero.

A Asociación Afaes Porta Nova recibirá unha axuda económica de 7.000 euros da administración local, unha cantidade que a compromete a organizar actividades de intervención social en colaboración e coordinación co departamento municipal de Servizos Sociais e tamén accións formativas destinadas a persoas que se deriven ao Centro de Rehabilitación Psicosocial desde o Servizo Galego de Saúde.

O Concello aportará 2.000 euros á Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, unha partida coa que se prestará o servizo de intérpretes en determinados actos municipais e que tamén permitirá colaborar coas tarefas de integración das persoas xordas en diferentes ámbitos sociais.

A Asociación Dignidad Galicia recibirá unha subvención de 8.000 euros destinada á atención a familias e persoas en situación de desamparo e en risco de exclusión social a través do Centro de Recursos Solidarios de Narón, desde donde ademais de alimentos se proporciona aos usuarios roupa, algún mobiliario e produtos de hixiene e limpeza, entre outros.

O rexedor local, José Manuel Blanco, comprometeu un respaldo económico por parte da administración local ás entidades para o vindeiro ano «como mínimo igual ao deste ano» e valorou o traballo que realizan nas diferentes áreas de actuación tanto cos usuarios das asociacións como coas súas familias.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …