O Concello de Narón oferta sete actividades extraescolares con cargo ao programa municipal «Promedex 6»

naron-ponte de xuvia-27O Concello de Narón mantén aberto ata o día 9 de outubro o prazo de inscrición no Programa de Educación Extraescolar «Promedex 6». A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou  que se trata dunha iniciativa dirixida aos e alumnas dos centros educativos públicos do municipio, así como ás súas familias e que ten entre os seus obxectivos favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral e optimizar os tempos extraescolares. As persoas interesadas en participar deben entregar a solicitude no Rexistro Municipal do Concello. O prezo das actividades incluídas neste programa municipal é de 8,15 euros por mes e usuario, excepto ««Reforzatic» –un obradoiro de reforzo educativo a través do emprego das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación- e as Escolas de Familia, nas que paga un único integrante da mesma.

A oferta de «Promedex 6» inclúe, tal e como explicou Mercedes Taibo, Obradoiros para educación Primaria e Infantil, entre os que están: «Xogolinguas», dirixido a alumnos e alumnas de Infantil e de primeiro e segundo curso de Primaria, e cuxo obxectivo é inicialos en coñecementos de lingua inglesa, francesa e alemana; «Reforzatic» e «Xogo Popular», para alumnos de Primaria e que forman aos asistentes, a través do xogo, en diferentes modalidades de deporte alternativo, contribuíndo así á recuperación das tradicións.

A iniciativa contempla tres modalidades específicas para alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato. Aos primeros diríxense os obradoiros de «Xogo Popular» e a ambos colectivos os de «Arte e Cultura Urbana» –para manexarse en técnicas como o graffiti como medio de expresión- e os de «Canción xuvenil» –para adentrar á mocidade na música coral-. Por último, «Promedex 6”» ofrece obradoiros para adultos, no marco das «Escolas de familia», de disciplina positiva e coaching familiar. Nestas sesións pedagóxicas abórdanse temas como o desenvolvemento emocional, o control do estrés, a resolución de conflitos, bulling e acoso escolar, etc.

A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, subliñou a importancia destas convocatorias tanto para os alumnos e alumnas dos centros escolares de Narón como para as súas familias, en canto que «permiten participar ao longo do ano en diferentes actividades segundo as necesidades de cada familia e contribuír á completar a súa formación en horario extraescolar». A edil naronesa apuntou que os obradoiros teñen un límite de prazas, de entre dez e quince persoas, dependendo da modalidade elixida.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …