Terra Galega celebra a festa do río en Pedroso

naron-area-de-recreo-y-molino-de-o-pedrosoO alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, e a portavoz do partido no Concello de Narón, Marián Ferreiro, presidirán este domingo a tradicional xornada da Festa do Río que o equipo de TEGA Narón celebrará no entorno do muíño de Pedroso. Unhas seiscentas persoas, entre militantes e simpatizantes da formación na localidade e noutros municipios galegos participarán nesta convocatoria, que comezará ás 13.45 horas coa actuación dunha orquestra. A continuación tomarán a palabra Marián Ferreiro, Blanco e Sánchez Fojo para posteriormente, sobre as tres da tarde, participar cos asistentes nunha comida de confraternidade, baixo unha carpa que se instalará na zona para a ocasión.

O programa de actos deseñado para a ocasión continuará desenvolvéndose ao longo da tarde. Os máis pequenos poderán gozar cos inchables que se instalarán na zona para a ocasión pero tamén haberá propostas e varias sorpresas pensadas para os adultos que contribuirán a amenizar esta xornada festiva.

A Festa do Río que Terra Galega organiza anualmente en Narón é xa unha das citas consolidadas no calendario da formación tralo remate da temporada estival. Con esta convocatoria a formación procede a retomar un curso político iniciado o pasado mes de maio, tralas eleccións locais, e que ten entre os seus obxectivos “traballar durante os vindeiros catro anos para dar resposta á confianza depositada en nós polos veciños e veciñas de Narón nas urnas e continuar apostando polo desenvolvemento deste concello, mantendo así as liñas de crecemento que segue o municipio nas últimas décadas e que están avaladas polo marcado carácter industrial de Narón e o continuo incremento poboacional da localidade nesta comarca”, tal e como subliñou o secretario xeral de Terra Galega. Sánchez Fojo subliñou ademais que “a atención ás persoas continuará sendo a prioridade absoluta nas políticas que este partido vai seguir desenvolvendo en Narón, tal e como viñemos facendo desde un principio”.

 

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …