Eliximos Narón propón que a xestión do EDAR de Prioriño pase a mans dunha sociedade pública

estacion-depuradora-2Eliximos Narón propón que a xestión do EDAR de Prioriño pase a mans dunha sociedade pública formada dende os concellos os que servirá.

«Dado que o servizo da EDAR de cabo Prioriño-sinalan nun comunicado- afectara directamente aos veciños de Ferrol, Narón e Neda, e a vista dos conflitos que aconteceron no pasado entre os gobernos de Narón e Ferrol pola actuación unilateral deste último, e mais a mala xestión do EDAR que se fixo por parte de EMAFESA, así coma o anuncio o Concello de Ferrol de que anulará a encomenda pola que se transfíreo a xestión á empresa mixta, entendemos que e necesario a creación dunha sociedade pública de carácter supralocal, na que participen polo menos os tres concellos citados, para que tome a xestión do EDAR.

Con dita sociedade trátase de dar unha solución negociada entre os concellos afectados a xestión deste servizo para que quede o marxe dos vaivéns e desavinzas políticas dos gobernos de quenda, e que poida sentar as bases de futuros posibles servizos relacionados coa xestión das augas que poidan afrontarse conxuntamente.

Entendemos que este traballo debe poñerse en marcha a maior brevidade posible co fin de que dita empresa asuma a xestión do EDAR cando se resolvan os conflitos abertos sobre a planta, e por este motivo presentamos esta moción para que se debata nos tres concellos como paso previo a traballos en conxunto»

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …