Estamos no verán!!! chega a Miño este domingo

estamos no veranO concello de Miño recibe este domingo, día 28, ‘Estamos no verán!!!’, a proposta musical de Xoán Curiel e a banda Son+d2 que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Universitaria está levando a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia para reforzar e ampliar a oferta de lecer en galego. Chegará á localidade coruñesa coincidindo coa celebración das festas de San Pedro.

‘Estamos no verán!!!’ é a segunda actividade do programa FalaRedes que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva por cuarto ano aos concellos adscritos á RDL, un espectáculo de música para nenas e nenos de 7 a 12 anos que busca promover a valoración positiva do noso idioma.

Mestizaxe de ritmos

‘Estamos no verán!!!’ é unha proposta orixinal e divertida que aproveita diferentes estilos para contar e cantar as aventuras dun grupo de xente miúda que soña con montar o seu propio grupo de música e facer cancións en galego. ‘Estamos no verán!!!’ viaxará ata finais de xullo a ritmo de rock, funk, blues, pop, reggae e bossa nova, convertendo a nosa lingua en protagonista do tempo de ocio, cunha proposta de calidade para gozar en familia.

O espectáculo despedirá o mes de xuño este domingo, día 28, en Miño. A música de Xoán Curiel e Son+d2 soará en directo ás 20,00 horas, nas Pistas do Ravazal (en caso de mal tempo, no Centro Social da Rúa) como colofón a unha xornada festiva especialmente dedicada á infancia. A entrada será libre e de balde ata completar a capacidade do lugar.

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …