A SGHN ante o Día dos Océanos

valdoviño-playa-14«Este luns, día 8,  celébrase o Día dos Océanos, como data de reivindicación dos seus moitos problemas. Para eses días están convocadas actividades de voluntariado co fin de mellorar a conciencia pública sobre o estado das costas, algunha delas coa proposta de limpar de plásticos praias da bisbarra.

O feito é que nestas semanas están en pleno período reprodutor plantas, pequenos animais e vertebrados que como a Píllara das dunas, dependen de moi pouco tempo para poder reproducirse na estreita banda intermareal, entre o mar e as dunas.

A presenza de grupos numerosos de persoas non expertas nesa zona crítica, sumada á presión habitual de bañistas, paseantes con ou sen mascotas, entre outros factores, pode comprometer o éxito reprodutivo de moitas especies.

Todas as praias a mar aberto están incluídas dende o Cabo Prioriño ao norte no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Costa Ártabra

Polo exposto a SGHN apoia todas as iniciativas de concienciación que non comprometan a reprodución de especies, desaconsellando actividades que supoñan a presenza masiva de persoas entre marzo e principios de xullo, recomendando que os labores de limpeza institucionais ou privados se fagan fóra desas datas.

En conclusión, entre marzo e xullo:
Que non facer
Frecuentar a zona alta da praia e as dunas polo perigo de compactación e destrución involuntaria de pequenos organismos e niños de Píllara.
Remover residuos na zona mencionada.
Eliminar argazos e materia orgánica de arribada, son alimento para moitas especies.
Que facer
Colaborar na retirada de materias en datas apropiadas.
Evitar a contaminación das praias retirando os residuos propios.
Participar ou practicar actividades de observación non destrutiva do litoral.
A Delegación en Ferrol da SGHN pode ofrecer asesoramento máis amplo sobre o tema no seu local ou por medios electrónicos».

Lea también

La Fundación IgualArte participa en Ferrol en el programa de teatro para escolares de Afundación con Mistura

La Obra Social de ABANCA promueve una programación en la que lo lúdico se conjuga …