Rivas afirma que vai rematar coa política económica criminal desenvolvida polo PP

ferrol-bng-13Iván Rivas, candidato do BNG-Asembleas Abertas a alcaldia de Ferrol, desenvolveu esta tarde un acto público no paseo marítimo de Caranza no que explicou que o BNG vai rematar coa austeridade económica do Partido Popular que condea as maiorias sociais desta cidade. Así mesmo afirmou que Rey Varela desenvolveu unha xestión baseada nunha política económica criminal cos veciños e veciñas da cidade beneficiando a entidades financieiras mediante o incremento da débeda municipal e reducindo ao mínimo todo aquel gasto que tivese que ver coa prestación dos servizos públicos é por isto que o BNG-Asembleas Abertas comprometese a investir o diñeiro de todos os veciños e veciñas en solucionar os seus problemas e non en aumentar os beneficios das entidades bancarias.

Para o BNG-Asebleas Abertas o Incremento das taxas e impostos foi outra das características deste goberno municipal que pagou aos bancos co diñeiro dos veciños da cidade. E a última caracteristica deste goberno foi a constante privatización e venda de todo o patrimonio municipal e xestión de servizos dos que a iniciativa para o mercado de Caranza é boa proba disto.

Rivas asegurou que van incrementar o investimento público co fin de revertir o evidente deterioro físico da realidade da cidade e entre as melloras que precisa Ferrol entre as que sinalou o mellora do Paseo Marítimo de Caranza, cuxo estado de abandono é evidente, no que non se investiu un só euro, sobre todo nas zonas axardinadas e o urxente arranxo do carril-bici que se atopa tremendamente deteriorado. Así mesmo pretendese entablar negociacións coa Autoridade Portuaria para que a explanada da rua cartaxena poida compatibilizar os usos actuais de hortos urbanos, con actividades de lecer e a dotación ao barrio de Caranza, nesta zona, dun parque infantil cuberto.

Rivas ao pe da ría, na ribeira de Caranza volveu a censurar o modelo de saneamento escollido que inzou de tanques de tormenta a ribeira de Caranza e o seu paseo marítimo. Salientou este feito como unha mostra evidente de que o convenio, actual asinado entre o concello e Acuaes, ademais de supor un saneamento incompleto da ría, insostible económica e medioambientalmente, que se desenvolve mediante unha rede mixta e non separativa, e porque a pesar de ser nós os que pagamos a infraestrutura se nos impide modificar o trazado desde a cidade impoñendo o seu deseño e tempos de execución desde Madrid con consecuencias evidentes como os perxuizos resultantes da ubicación dos tanques de tormentas ou do trazado da rede polas rúas da cidade.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

2 comentarios

  1. Pascual De la Ribera

    Gran concurrencia, sí señor. A cada acto del Bloque van 4… y siempre los mismos. Por cierto, las encuestas siguen hablando clarito: cero patatero, señor Rivas. Siga usted así!

  2. Pascual De la Ribera

    Gran poder de convocatoria, sí señor: cuatro… y los cuatro de siempre. Por cierto, las encuestas siguen hablando clarito: cero patatero. Siga así, señor Rivas!