O BNG realizou unha valoración dos catro anos do goberno do PP

Foto BNG
Foto BNG

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol realizou na mañá deste martes, día 31, unha valoración do mandato de Rey Varela ao que reprochou que leve catro anos evadindo calquera tipo de debate político e prefira facer un balanzo do seu mandato nos medios de comunicación en vez de facer esa valoración nun pleno extraordinario sobre o estado da cidade logo de catro anos de goberno do PP, tal e como lle tiña solicitado publicamente o BNG hai unhas semanas.

O BNG reprochou a Rey Varela que «preferira facer unha rolda de prensa en vez de debatir sobre o estado da cidade co resto de grupos municipais deste concello, unha actitude evasiva que evidencia unha política antidemocrática e autoritaria que é unha das carcaterísticas fundametais destes catro anos de mandato».

O BNG lembrou que o goberno local do PP limitou o numero de mocións a debatir no pleno da corporación, limitou os tempos para poder expoñer estas mocións e foi este goberno quen impediu que colectivos da cidade puideran presentar mocións ou iniciativas no pleno. Así mesmo, «foi o PP quen decidiu botar aos veciños e veciñas desta cidade do pleno municipal quedando en evidencia que este alcalde se esconde dos veciños e veciñas aos que non lles permmite o aceso libre aos debates no pleno».

O BNG indicou que «o Goberno de Rey Varela desenvolveu unha política económica pensada para desfavorecer aos veciños e veciñas desta cidade, unha política urbanística aparencial e unha politica cultural acomplexada e que como consecuencia da aplicación desta política a realidade nos di que estamos nunha cidade na que a estabiidade da maioria absoluta do Partido Popular o que fixo foi aumentar os níveis de precariedade social e economica.

 Lembra que no ano 2015 estamos nunha cidade na que un tercio da súa pobación está no paro no ano mentres que no 2010 a taxa de desemprego era do 17,8% . No ano 2015 só traballa un tercio da poboación ,en idade de traballar ,cando no ano 2010 supuña o 40% e no resto de cidades galegas esto supón o 50% e como resumo indicar que Ferrol no último quinquenio (periodo 2010-2015) perdeu 3249 habitantes o 59% da perda total de todas as cidades galegas e o certo é que esta perda de poboación se acelera no periodo do PP produto das politicas económicas aplicadas neste periodo tanto de sde o goberno municipal como desde todas as administracións gobernadas polo Partido Popular».

A POLÍTICA ECONÓMICA DO PP

O BNG considera «que a politica económica local é fundamental para poder paliar esta dinámica e mentres Ferrol está nunha situación económica de caída libre unha cidade como Pontevedra equivalente a unha cidade como Ferrol esta gañando poboación produto de que a política económica que se desenvolve alí é a contraria a que se esta desenvolvendo desde o PP en Ferrol.

 Indicou que a relación entre o gasto e os ingresos deste concello e os seus habitantes deixa as claras cal foi a poltica desenvolvida polo gobeno do PP de Ferrol onde das 7 cidades galegas o gasto por habitante en Ferrol foi de 710 € o gasto máis cativo de todas elas-

Así mesmo en relación aos investimentos os dados son evidentes aos orzamentos para o ano 2015 a cidade de Ferrol ten uns orzamentos previstos de 5,2 millons de euros a cidade de Pontevedra de 11,2 millóns ferrol conta con 70 mil habitantes en Ferrol se invisten 83 euros por habitantes e en Pontevedra 135 euros nos orzametos iniciais. Puidendo afimar que Ferrol esta investindo a metade por habitante do que fai unha cidade similar como pode ser Pontevedra e a consecuencia de todo esto é que Ferrol esta nunha situación de caida libre fronte a recuperación poboacional e económica que ten Pontevedra. Ademáis o Goberno Local de Ferrol, en 4 anos, só gastou o 46% do que presupuestou en investimentos.

O BNG destacou que o PP incrementou a débeda en 8.42M en dous anos( 2010-2014)
Así a débeda do concello a 31.12.2010 era de 25.18M fronte que a débeda do concello a 31.12.2014 era de 25.90M e a débeda do concello a 31.12.2012 era de 33.80M

Asi mesmo destaca que o PP gastou en 4 anos 16 millóns de euros en xuros e amortización de débeda, é dicir pagoullo directamente os bancos. Nos 4 anos de mandato, Rey Varela contratou 10.8M de euros de préstamos»

O BNG censurou o apoio as entidades financieiras evidenciado nun aumento exponencial da debeda e o gasto en amortizacion de debeda, a austeridade fronte as maiorias sociais a redución dos investimentos publicos e o aumento de taxas e impostos, a privatización e externalización de servizos públicos o que fixo que o goberno local se ten comportado como un mercader con todo aquelo que podia vender e que nos últims meses se pode evidenciar na tentativa de querer xestionar de maneira privada o mercado de Caranza o contrato do suministro eléctrico durante os proximos 15 anos ou o novo contrato do lixo».

POLÍTICA DE INVESTIMENTOS

Asi mesmo censurou a politica de investimentos totalmente aparencial que sE ten desenvolvido, onde ademais de ter os investimentos máis baixos de toda Galiza non se executaban nin a metade deles a respecto das previsións iniciais e os que se executaron teñen un carácter meramente estético e aparencial, como o ascensor da costa de Mella a reforma estética e aparencial da praza de Armas, a innecesaria remodelación da praza de España e o grande gasto previsto para o 2015 que é encher as rúas de Ferrol de chapapote e o capuchoncito na rúa real.

O BNG cre preciso asumir unha politica económica e urbanística de recuperación de todo o noso patrimonio urbanístico como desde o ponto de vista cultural que poida empezar a revertir a situación na que este goberno municipal nos ten sumido ao longo destes catro anos.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …