Para celebrar o Dia Internacional da Muller, Ana Hermida representará esta obra enfocada dende un punto de vista humorístico que amosa a realidade da muller no seu fogar e que reflicte a crúa situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal e no psíquico.
Como apunta o Secretario da ONU, Ban Ki-moon, na mensaxe deste ano, no Día Internacional da Muller: «Neste Día Internacional da Muller, debemos recoñecer que os logros foron demasiado lentos e dispares, e que debemos facer moito máis por acelerar os progresos en todas as zonas do mundo. O mundo debe unir as súas forzas para responder aos ataques contra mulleres e nenas por parte dos extremistas violentos.
As mulleres foron atacadas por intentar exercer o seu dereito á educación e aos servizos básicos; foron violadas e convertidas en escravas sexuais; foron dadas como trofeo aos combatentes, ou intercambiadas como mercadoría entre grupos extremistas en redes de trata. Médicas, enfermeiras e outras mulleres foron asasinadas por intentar exercer a súa profesión. Debemos adoptar unha postura internacional clara contra este asalto total aos dereitos humanos da muller».
A cita será o 8 de marzo en Lamas, Concello de San Sadurniño, ás 16:30 h.