Valdoviño celebra o Día Internacional da Muller

igualdade-valdoviño

«Contando en feminino» Onde Contaranse contos dende a perspectiva de xénero e igualdade, porque como di o Secretario da ONU, Ban Ki-moon, na mensaxe deste ano, no Día Internacional da Muller: «Mesmo nas sociedades que viven en paz, son demasiadas as nenas e as mulleres que seguen sufrindo malos tratos no fogar, mutilación xenital e outras formas de violencia que as traumatizan como individuos e danan sociedades enteiras. A discriminación segue sendo unha espesa barreira que ha de romper. Debemos ampliar as oportunidades na política, a empresa e noutros ámbitos. Debemos cambiar as mentalidades, especialmente entre os homes, inspirándoos a que se convertan eles mesmos en axentes activos do cambio. E debemos avalar a nosa determinación con recursos baseándonos no entendemento seguro de que os investimentos en igualdade entre os xéneros xeran progreso económico, inclusión política e social e outros beneficios que, á súa vez, fomentan a estabilidade e promoven a dignidade humana».

A cita cos contos, actividade que organiza a Biblioteca Municipal, será o venres 6 de marzo, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Valdoviño.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …