Concello e club deportivo de piragüismo Cabanas KDM fomentan o deporte na vila

O Concello de Cabanas asinou a renovación do convenio que vincula ao ente municipal co club deportivo de piragüismo Cabanas KDM.

O alcalde do Concello, Fernando Couce, e o presidente do club, Juan Luis López, procederon a ratificar o documento que vincula a ambas entidades, continuando así a colaboración un ano máis.

Neste sentido, dende o Concello fíxose mención á importancia deste club no fomento e promoción do deporte e da vida saludable no noso municipio, sendo de especial relevancia o nivel deportivo acadado, con numerosos recoñecementos nas probas que participa.

Grazas a este convenio, o club tamén colaborará na promoción do turismo en Cabanas a través de distintas iniciativas lúdico-deportivas. O Concello «continúa así a impulsar e promover o deporte e a vida saludable entre a veciñanza, dentro da axenda deportiva».

Lea también

Cabanas recibe una subvención para financiar personal de la oficina de turismo

El Concello de Cabanas resultó adjudicatario de una subvención por importe de 11.894,31€ que tiene …