O BNG de Ferrol propón no pleno esixir á Xunta a reforma integral do Concepción Arenal

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol defenderá no pleno de fin de mes unha iniciativa para esixir á Xunta de Galicia que acometa unha reforma integral do IES Concepción Arenal que inclúa dotar ao centro dun espacio exterior cuberto.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reclama que a Xunta elabore un proxecto de reforma integral deste centro e o dote economicamente para que se poida facer efectivo. Esta iniciativa nacionalista recolle as demandas da comunidade escolar e foi trasladada a Dirección do centro nun encontro mantido co seu director.

O BNG sinala que a falta dun espacio exterior cuberto, unido ao aumento de horas lectivas de Educación Física, obriga a ter que impartir algunha destas aulas nos corredores do instituto e impide que nos casos de mal tempo o alumnado poida sair ao exterior nos recreos.

Asi mesmo reclaman que se aumente o número de conserxes, precisarían un a maiores dos actuais, para poder atender as necesidades dun centro que conta cunha matrícula que supera os 850 estudantes.

O paso do tempo nótase no estado deste instituto, nun edificio dos anos 50, e no que os corredores presentan graves deficiencias debido ao seu desgaste e humidades. Os zócalos do centro estanse a desprender literalmente. A maioría das portas do centro non foron cambiadas desde a súa inauguración, o que provoca problemas co sistemas de pechadura, por obsoletos, deficiencias co illamento acústico das aulas etc.

Existen outras zonas do centro que tamén presentan problemas de conservación como a antiga cas do director debido ás humidades provocadas polas deficiencias existentes na cuberta do instituto. A fachada principal tamén sofre as humidades e o desconchado da súa pintura. Precisan a mellora tanto dos corredores e das escaleiras do centro, novas portas, unha nova iluminación interior, a reparación das deficiencias estruturais, o espacio exterior cuberto e a necesidade dunha praza máis de conserxería.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, afeou a actitude da Consellería de Educación, «que sendo consciente da situación e das necesidades deste instituto a través da xefatura territorial da consellería a quen se lle trasladaron as demandas do consello escolar para paliar esta situación, que o BNG comparte, rexeita estas demandas

O BNG quere salientar que todas estas deficiencias, unidas ao tamaño do edificio e as múltiples reparacións ás que terían que facer fronte, ao Instituto resúltalle inviable afrontalas co orzamento do que dispón o centro.

Lea también

Corte de tráfico este miércoles en Ferrol, en la calle Coruña, por la sustitución de la bomba de calor del teatro Jofre

La restricción se extenderá durante la mañana y comprende el tramo de la calle Coruña …