O Punto Violeta instalarase este sábado na zona das festas de Santa Rita de Xuvia

A celebración, esta fin de semana, das festas Santa Rita de Xuvia, levará ó Concello a ubicar nas inmediacións da zona o Punto Violeta itinerante de Narón, debido á concentración de xente que se prevé que se rexistrará nese núcleo da cidade.

A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que as persoas que atenden o servizo estarán operativas dende as 22.00 ata as 02.00 horas. A edil recalcou que a finalidade deste servizo é “implicar á sociedade en xeral na loita contra a violencia machista e, ó mesmo tempo, ofrecerlle asesoramento e información en materia de prevención e atención ante posibles casos desta lacra social”.

Gómez recordou que xa están pechadas outras datas para ubicar o Punto Violeta de Narón o día 28 de maio na rúa Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón, de 22.00 a 02.00 horas; o 4 de xuño de 22.00 a 02.00 horas na zona do paseo de Xuvia, con motivo da Concentración moteira Cidade de Narón e o 5 de xuño, de 09.00 a 13.00 horas na zona do Feirón de Santa Icía, na Solaina.

O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género), tal e como indicou Gómez.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …