Seis medallas para a Escola Javi Gómez Noya no campionato galego de dúatlon escolar

A expedición do Triatlón Ferrol en Porto do Son | Triatlón Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya conseguiu un total de seis medallas no campionato galego de dúatlon escolar celebrado en Porto do Son.

A canteira do Triatlón Ferrol fíxose co ouro por equipos cos cadetes Alejandro Rodríguez, David Campos e Jorge Morado e coas infantís Lucía Piñón, María Filgueiras e Sabela Caneiro, que coparon o podio sendo primeira, segunda e terceira respectivamente. A maiores, o equipo benxamín da base departamental, formado por Manuel Caneiro, Xavier Ferraces e Hugo Pita, colgouse a medalla de bronce.

Lea también

Cabanas ultima os preparativos do torneo de Dominó

O venres 25 (ás 20h) e o sábado 26 (ás 17h) deste mes de abril …