El BNG se opone al Plan de Ferrol Vello alegando que no contiene compromisos reales

centro-civico-ferrol-vello
El BNG asegura que el Plan Especial de Ferrol Vello no contiene compromisos reales para la recuperación del barrio. Dicho plan fue aprobado en la comisión de urbanismo celebrada en la mañana de este lunes y este martes, día 30,será llevado a una sesión plenaria extraordinaria para su aprobación definitiva. Cuenta con el apoyo de la Asociación de Vecinos  del Barrio.

Para el  Bloque Nacionalista Galego de Ferrol «o documento do Plan Especial de protección e rehabilitación do Barrio de Ferrol Vello que o goberno local eleva à definitivo, tras o período de exposición pública, non modifica no substancial o presentado no mes de maio e que se caracteriza por conter vagas declaracións de intencións, sen compromisos reais das administracións para coa recuperación do barrio.

O documento que se pretende aprobar non obriga desenvolver ningún tipo de política destinada a iniciar un proceso de rehabilitación e renovación urbana do barrio, e limítase a ser un documento de carácter fundamentalmente estético e propagandístico que bate de fronte coa política urbanística desenvolvida polo PP ao longo de todo o seu mandato, baseada no abandono da cidade, sen desenvolver ningún investimento no barrio nos 4 anos de mandato e co recurso á demolición como solución ao deterioro das edificacións.»

Para o BNG  «o documento que se pretende aprobar exemplifica política desenvolvida polo PP ao longo de todo o mandato caracterizada pola hipocresía e a contradicción.

Un documento contraditorio que esixe o desenvolviento dunha rede separativa aos veciños e veciñas do barrio cando se esta a desenvolver unha rede mixta para o conxunto da cidade, que admite que existe un déficit de prazas de aparcadoiro no barrio ao que non se lle da solución ou que a estrutura do barrio non ten condicións para acoller o trafico rodado con facilidade sen que exista unha potenciación do peonil, nin a eliminación do tráfico rodado conflictivo».

Para el BNG, ademis, «resulta hipócrita que o goberno do PP fale de reestablecer o contacto co mar da cidade cando seguen sen facer ningún tipo de actuación sobre a muralla do arsenal, a excepción dun ascensor para contemplalo desde as alturas, ou que demande aos veciños e veciñas da cidade que actúen sobre as súas edificacións cando o goberno desta cidade, a administración autonómica e a estatal teñen totalmente as súas no mesmo barrio.

Hipócrita, porque non hai ningunha actuación destinada a mellorar a situación do transporte público no barrio mediante o aumento dos servizos e as frecuencias, senón todo o contrario, elimínanse paradas.

Hipócrita, porque este goberno carece do menor compromiso coa rehabilitación e coas axudas que a fomenten, que é patente na reducción da dotación para o mantemento da oficina de rehabilitación do concello, ou no feito que a piques de iniciar 2015 non se teña desenvolvido ningún convenio nin para dotar economicamente ás ARI, nin de outro tipo para fomentar a rehabilitación neste barrio e no conxunto da cidade.

Hipócrita, porque o fomento de novas grandes áreas comerciais forma parte dos criterios fundamentais do PP, como así o demostra a súa declaración de intencións nominal do famoso Ferrol 2020 propoñendo unha nova area comercial xustamente no peirao.

Hipócrita, porque o principal problema que ten o barrio de Ferrol Vello é de investimento público e este goberno municipal permaneceu ausente deste barrio e de tantos outros da cidade ao longo de todo o seu mandato, provocando o deterioro acelerado do patrimonio da cidade.»

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …