Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso da lingua amosan que Ferrol é o concello de Galicia con menor porcentaxe de persoas que din falar sempre en galego cun 12%.
Na comarca a porcentaxe tamén e das mais baixas cun 22,45%, algo que ocorre nas comarcas da franxa atlántica, A Coruña, cun 20,66%; Vigo, cun 21,38% e Pontevedra, cun 26,77%.
Pola contra, na Terra de Soneira (que integra a Camariñas, Vimianzo e Zas) o 89,7% dos seus habitantes asegura falar sempre en galego. É a comarca que ten a porcentaxe máis elevada.
O IGE analizou os datos recollidos en 2011 durante a realización do censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estadística (INE) para ofrecer a última radiografía do estado da lingua na comunidade.
Ademais o que o IGE amosa é que, no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar sempre galego caeron trece puntos e xa non son maioría. Concretamente, quen usa sempre o idioma propio de Galicia son o 43,8% do total fronte o 56,8% que o facía dez anos atrás, mentres que é falado «ás veces» polo 45% da poboación e «nunca», polo 11%.