O BNG considera caótica a planificación e xestión das obras feitas polo goberno local

(Bertón)
(Bertón)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera caótica a xestión do goberno municipal na planificación e control das diferentes obras que se están a desenvolver na cidade e que» estan a provocar graves prexuízos para os veciños e veciñas afectadas xa sexan do barrio de Canido, a Madalena ou o Bertón por poñer só algúns exemplos. O BNG esixe ao Goberno Municipal que proceda a poñer orde e control de prazos no desenvolvemento dos traballos que se están a executar na cidade.»

O BNG salienta que a sensación de ausencia do goberno local vese ratificada e amplificada pola incapacidade de facer cumprir os prazos das obras e non ter en conta as graves molestias que éstas causan no conxunto de veciños e veciñas da nosa cidade.

«Se a semana pasada a noticia era a mala xestión do pintado das prazas de aparcamentos reguladas na ORE –sinala o BNG-ou as críticas pola planificación das obras da rúa do Sol, esta semana comezamos coa aprobación por parte do Goberno local dunha prórroga de 2 meses nos traballos da rúa Alegre, no barrio de Canido.»

O BNG lembra que estas obras que agora se prolongarán polo menos 2 meses máis do previsto, están a provocar o malestar veciñal pola falla de información que teñen sobre as repercusións das mesmas, entre outras, os cortes indiscriminados das rúas que en moitos casos estan a provocar graves prexuízos económicos para os locais comerciais da zona.

O BNG demanda ao goberno municipal que «actúe co fin de desenvolver as actuacións necesarias para aminorar o impacto destas obras. O goberno local debe replantexarse as medidas adoptadas en relación con esta obra (pasos peonís, apertura de cruces etc) encamiñadas a reducir o impacto económico nos locais comerciais desta zona e no desenvolvemento normalizado da vida diaria dos veciños e veciñas. Se extraordinaria é a prorroga aprobada, extraordinarias deben ser tamén as medidas adoptadas para aminorar o impacto das obras no conxunto de veciños e veciñas afectadas.»

Lea también

Cruz Roja Ferrol será distinguida como Ferrolano del Año

La corporación municipal acordó en la mañana de este viernes 13 conceder la distinción de …