La sala de la galería “Sargadelos” registró en la mañana de este sábado una buena entrada de ciudadanos que acudieron al llamamiento formulado por “Marea Ártabra” con el fin de dar a conocer el manifiesto firmado por setenta y dos personas que vienen a recordar el año de los trágicos sucesos ocurrido en marzo de 1972 en los que perdieron la vida dos trabajadores de la antigua bazán en defensa de los derechos sindicales.
Personas ligadas a la izquierda y centro progresista pertenecientes a partidos políticos, sindicatos, asociaciones de vecinos, entidades culturales se dieron cita y escucharon la lectura del manifiesto a cargo de Miguel Castro y Montse Garel, tras un comentario preliminar sobre la situación en la ciudad y la referencia a las esencias reivindicativas del 72.
Pudimos ver a afiliados y miembros de ejecutivas de ANOVA, EU. Terra Galega, Compromiso, ex miembros del BNG,. Destacamos la presencia de Pilar Díaz, responsable de Política Municipal y edil de Mugardos por Esquerda Unida asi como a sus compañeros en la corporación ferrolana Javier Galán y Suso Basterrechea, asimismo entre los presentes se encontraban Pillado, Fernando Miramontes, Lastra Cesar Mera y Adrián Nación.
Se acordó convocar una nueva asamblea, ya con carácter constituyente, para el día 2 de octubre en el centro cultural “Carvalho Calero” con el fin de poner en marcha este nuevo proyecto que pretende presentar candidaturas a las municipales en todos los concellos de Ferrolterra, Ortegal y Eume.
MANIFIESTO
El manifiesto al que se dio lectura señala que “ O vindeiro mes de maio están convocadas as eleccións municipais e en Ferrolterra preséntasenos unha ocasión única para construír, dende abaixo, alternativas de gobernos municipais que estean á altura das circunstancias.
As mobilizacións que se veñen producindo nos últimos anos como reacción ao desmantelamento progresivo de dereitos e liberdades custosamente conquistados son o síntoma dunha sociedade que non atura máis desigualdade. A sociedade empeza a ser consciente de que a alianza perfecta de intereses entre o poder económico e o bipartidismo harmónico son a causa de todos os males que estamos a padecer.
Si. O problema está na acción política de quen nos goberna, pero é tamén aí, na política deses gobernos, onde vai estar a solución. Precisamos dunha marea cidadá que poña por diante as persoas e acabe cos privilexios dos de arriba. Algo tan simple como reivindicar para a maioría social o que é da maioría social.
Ferrolterra é unha bisbarra de tradición de loita obreira e de forte calado sociocultural. Somos quen de organizarnos contra os poderes corruptos e así o demostramos na historia, en marzo do 72 e en todas as loitas por recuperar dereitos que nos pertencen, batallas nas que moitos e moitas sufriron cadea, tortura, represión ou incluso morte. Reivindicando ese noso pasado de vitoria do pobo fronte ao poder, temos que devolverlle a dignidade ao noso presente comezando a tecer un futuro novo, construído entre todos e todas e onde cada voz teña o mesmo valor que as demais.
Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medioambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver á comarca as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, unha Ferrolterra participativa e con políticas orientadas por e para a xente do común.
É a hora de abrir as xanelas e deixar paso á Marea Ártabra, unha marea de aire novo, a marea dos pobos de Ferrolterra, da inmensa maioría que sofre os recortes de dereitos, unha marea das xentes que queren varrer do mapa e para sempre a política dos que gobernan para uns poucos e xestionar e rexer nós mesmos/as os nosos destinos.
Porque somos maioría as persoas que queremos gobernos que veñan servir aos concellos e non servirse deles, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos corporacións locais que defendan os intereses estratéxicos dos seus territorios, que temos a certeza de que alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas poden devolver os concellos á cidadanía.
Por iso, nós, que formamos parte desta Marea Ártabra, queremos alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, subliñando a importancia que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar coa convocatoria dunha grande asemblea cidadá, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.”