Ferrol en Común considera «inaudita e irresponsable» a pasividade do goberno local ante as deficiencias do transporte público

Ferrol en Común a través dun comunicado expón que «a situación do transporte público na cidade de Ferrol está próxima ao caos, chea de irregularidades, mala xestión e falta de control dos poderes públicos sobre as empresas concesionarias».

«As marquesiñas son inadecuadas ou inexistentes, colocadas sen ningún tipo de criterio técnico, mesmo en pendente en canto ao transporte urbano, que en certas liñas, como a que da acceso aos centros públicos do entorno hospitalario, están sobresaturadas en nin sequera poden subir pasaxeiros en paradas por ir por riba da súa capacidade».

«No transporte interurbano a situación é aínda peor, con concesións absolutamente fora de control polo monopolio encuberto de Monbús, que consinte o uso dunha flota en estado deplorable, sucia e en mal estado, con avarias constantes, sen autobuses de reforzo e cometendo a ilegalidade de levar xente de pé, para o que debera haber un réxime sancionador contundente, que levara á revogación da concesión e unha nova licitación de maior calidade».

«E nas liñas ferroviarias, logo do esforzo cidadá para mellorar o servizo, tanto de FEVE como da liña Ferrol A Coruña, a situación é idéntica á de inicio de mandato, cun alcalde unicamente preocupado en capitalizar e tratar de obter rendemento electoral manipulando as iniciativas sociais en beneficio propio, máis na procura dunha foto que de actuacións unitarias que poidan desembocar en decisións orzamentarias do goberno central que melloren de forma efectiva e real a infraestrutura, os horarios e as frecuencias».

Por iso, Ferrol en Común apoia a mobilización da Plataforma en defensa do transporte público, que terá lugar mañá venres ás 18:00 horas fronte ao edificio da Xunta de Galicia.

Lea también

Las oficinas de Turismo de Ferrol atienden a más de 7.100 visitantes en el mes de agosto

El patrimonio, el Camino Inglés, los museos, la naturaleza y las actividades vinculadas a la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *