O grupo municipal socialista interesouse pola recollida de residuos y limpeza viaria

basura-recogida
«O Grupo Municipal Socialista
-sinala nun comunicado- que  interesouse na comisión de urbanismo de este mércores, día 27, unha vez máis pola contratación do servizo de recollida de residuos e de limpeza viaria da cidade que alertan, o contrato actualmente en vigor, remata en 4 meses.

Ante a falla de resposta do goberno, que deixa patente a súa improvisación, a concelleira María López ven a instar de novo ao goberno local a contratar o devandito servizo, así como consensualo con toda a corporación, máis cando se trata dun contrato que abarcará máis dun mandato. Alertan tamén que o vencemento do mesmo provocará que, como no resto de servizos que se están a prestar sen contrato, teñan que estarse convalidando continuamente facturas nun procedemento irregular, e que supón ademais un maior gasto para as arcas municipais.

“Dada a falta de reacción do goberno local na resolución destes temas, urximos a abordar a licitación dun contrato que, polo seu volume e importancia, levará un tempo importante contratar”, manifestando ademais que “xa chegamos tarde, dado que faltan 4 meses para que venza o que está actualmente en vigor.”

Ademais lembran que o goberno local firmou no 2012 un contrato para o diagnóstico da situación actual do modelo de recollida de residuos e limpeza viaria no noso concello, que consideran innecesario xa que no 2011 o concello realizou un estudo para introducir melloras neste servizo, entre elas a implantación da carga lateral en distintos barrios da cidade, ao final do mandato socialista. O Grupo Socialista pediu as conclusións deste informe en numerosas ocasións, dende fai meses, e denuncian a falla de transparencia do goberno, xa que non se lles facilita a devandita información.

Contenerización subterránea

Nesta materia, a edil socialista pediu tamén a estensión da contenerización subterránea nos distintos barrios da cidade, aproveitando as obras e as actuacións novas que se están a realizar. Destacan que entre os beneficios deste tipo de contenedores atópase a recuperación de espazos para a cidadanía, unha mellor limpeza e mantemento, así como un maior respecto polo medio ambiente. Dado que non necesita recollidas diarias, tamén permite que parte do persoal adicado á recollida de lixo inicialmente pase a reforzar o servizo de limpeza viaria. Cuestións todas elas, que a concelleira socialista entende que teñen que aparecer reflectidos na vindeira contratación.

Así mesmo, María López tamén solicitou información sobre o volume de recollida de aceite usado na cidade, sendo este outro dos asuntos referidos á xestión sostible dos residuos. A este respecto, manifestou que “este é outro claro exemplo do desinterese do goberno local por temas de gran calado no que respecta ás políticas medioambientais e de servizos. A recollida dos aceites domésticos usados que se puxo en marcha no anterior mandato socialista é un modelo de xestión que o goberno local ten totalmente abandonado, polo que queremos coñecer o volume de recollida actual.” Tamén alertaron de deficiencias do servizo actual, poñendo de exemplo o contenedor existente na rúa de Sartaña, que se desborda continuamente. Lembran que no anterior goberno socialista estendeuse diferentes contenedores de aceites domésticos usados nas comunidades de propietarios que así o requeriran, colexios, e asociacións de veciños, e que a previsión era seguir nesta liña.

Abandono dos parques e paseos

Noutro orde de cousas, o Grupo Municipal Socialista reitera o abandono dos parques e paseos municipais, que atópanse nun estado deplorable e que é consecuencia directa do “aforro” no contrato do servizo de mantemento de zonas verdes da cidade. Así, por citar algunhas zonas que se atopan cheas de maleza e cun mantemento moi deficiente, tamén do seu mobiliario urbano, destacaron o parque Pablo Iglesias, a entrada e saída da cidade na Avenida de As Pías, ou sendos paseos municipais.

Lea también

Equiocio, impulsado por la familia de Paloma Lago, aplaza un acto este viernes tras conocerse la denuncia a Villares

Equiocio, evento ecuestre promovido por la familia de la presentadora ferrolana Paloma Lago, ha remitido …