O BNG pide a continuación do curso de cerámica organizado polo concello

(Francisco Pérez Porto. Fot Fenecom)
(Francisco Pérez Porto. Fot Fenecom)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu na mañádeste xoves, día 17, ao Goberno Local que manteña dentro da programación dos cursos organizados pola Concellería da Muller o curso de cerámica, por entender que existe a demanda suficiente que xustifica o mantemento desta actividade.

Para o BNG é incomprensíbel ademais dun erro suprimir esta actividade tanto pola súa antigüidade,-tratase duns cursos que se levan impartindo desde hai máis de 7 anos seguidos-, e traxectoria como por ser unha escola de cerámica que se tiña convertido nunha referencia en todo o país.

O BNG pediu  ao goberno local no transcurso da Comisión informativa de Benestar Social, Igualdade e Xuventude que reconsidere a supresión desta actividade e abra un prazo de preinscripción para valorar as solicitudes presentadas antes de decidir definitivamente a súa supresión da programación de actividades da Concellería da Muller para o curso 2014-2015.

Como se lembrará estes cursos de cerámica impartidos polo concello de Ferrol se viñan desenvolvendo nas instalacións do acuartelamento Sánchez Aguilera e nos seus inicios foran impartidos polo prestixioso ceramista Francisco Pérez Porto.

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …