Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia

xornadas-agamme-660x330
A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), celebra no Ateneo Ferrolán as súas Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia que, dende unha perspectiva ampla e multidisciplinar, analizan aqueles problemas sociais afectan aos dereitos dos nenos e as nenas no noso país. Estas terceiras xornadas levan por título “Pobreza e violencia estrutural” e nelas profundizarase na perda de dereitos da infancia que o actual panorama socioeconómico está a causar, levando a un terzo dos nenos e nenas do Estado español aos lindes da exclusión social, tal e como recentes informes publicados veñen de constatar.

Deste xeito, a primeira cita das Xornadas, este venres 6 de xuño, componse dunha serie de relatorios que ofrecerán unha radiografía do actual contexto económico, político e social. As palestras darán inicio, ás 17.15h coa intervención de Diego Costoya, do xornal marxista El Militante, que ofrecerá unha análise da actual situación económico-política que nos leve a saber algo máis do que se agocha tras a tan nomeada “crise”. Ás 18.00h. o profesor David Álvarez, da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Portugal, afondará dende un punto de vista da epidemioloxía social as distintas tipoloxías deviolencia que se están a dar na sociedade contemporánea. Xa ás 19.15h chegaralle a quenda a Fernando Blanco, membro de Esculca. Observatorio Galego dos Dereitos Humanos, que nos falará dos centros de menores en Galiza, baixo o título “Centros ou cárceres de menores?”. Para rematar esta primeira parte das xornadas, Santiago González Avión, sociólogo e membro da Asociación Diversidades falaranos da transmisión xeracional da pobreza en Galiza.

A segunda parte das xornadas, desenvolverase na mañá do sábado 7 de xuño, e analizará os efectos que a actual política de austeridade e recortes en servizos públicos está a provocar en nenos, nenas e adolescentes. Para comezar, ás 10h, celebrarase unha mesa redonda sobre educación, na que participarán Guillermo Díaz, do Sindicato de Estudantes, Xabier Sánchez, da Federación ANPAs de Ferrolterra, e Lupe Ces do CEIP M. Masdías de Ferrol. A seguir, ás 11h, analizaranse os principais problemas que deben afrontar os nenos e nenas discapacitados, nun relatorio que correrá a cargo de Lidia Martín, traballadora da Asociación Sociocultural “ASCM” de Persoas con Discapacidade. Ás 11.20h tócalle a quenda a Beatriz Dorrío, psicóloga do Patronato Concepción Arenal, que nos falará dos nenos inmigrantes, da perda de dereitos legais e das afeccións psicolóxicas que experimentan as crianzas que teñen que deixar o seu país de orixe. Xa ás 11.40h, da man de Inacio Martínez, de STOP-Desafiuzamentos afondaremos na perda do fundamental dereito á vivenda.

Ás 12.30h Raúl Asegurado, educador nun centro de menores, falaranos de protección de menores. Ás 12.50h, Inés Fernández, da ONG Médicos del Mundo, analizará as dificultades para o acceso á cobertura sanitaria dos máis pequenos no Estado español. Por último, ás 13.10h, Cristina Martínez, de Mulleres Xuristas Themis, afondará en cómo a actual política de recortes afecta á defensa legal das crianzas. Ao remate desta última intervención, abrirase un debate co público asistente, no que participarán todos os profesionais e especialistas que interveñen nesta xornada do sábado.

Lea también

El alcalde de Ferrol presidió el homenaje al personal funcionario municipal jubilado el último año

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, presidió este viernes 23 el acto …