O BNG esixe a reparación da pasarela peatonil sobre a vía do tren en Santa Mariña

pasarelaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol,-sinala nunha nota remitida aos medios de comunicación- à vista da resposta ofrecida por ADIF ao noso grupo, na que recoñece a propiedade municipal da pasarela peonil sobre a vía que serve de conexión entre o ensanche A e Santa Mariña esixe ao alcalde da cidade que actúe de xeito imediato sobre a mesma para garantir a seguridade e mellora da mesma.

Para o BNG resulta incomprensíbel a negativa do goberno municipal de Ferrol a executar o proxecto que elaborou en setembro do ano pasado e que conta co informe favorábel de ADIF para mellorar esta pasarela propiedade municipal. Concretamente ADIF indica na súa resposta que “En setembro do 2013 o Concello de Ferrol desenvolveu un Estudio previo de Nova pasarela peonil, conexión ensanche A-Santa Mariña, propiedade do Concello, ao que ADIF informou positivamente”

O BNG sostén que os datos que reflicte a resposta de ADIF evidencia a falla de preocupación do goberno municipal por mellorar esta e esixen coñecer os motivos polos que este proxecto no foi desenvolto à vista do lamentábel estado desta pasarela. Asi mesmo volve a esixir ao goberno local que resolva inmediatamente os continuos problemas que sofren os veciños do lugar do Loureiro e O Casquido polos escorrementos de terra.

O BNG lembra que ven reclamando do goberno municipal que proceda a actuar con urxencia nas zonas de Santa Mariña máis deterioradas e indica que existen zonas do barrio cuxo estado actúal é bastante perigoso, como o caso do lugar dos loureiros, xa que en moitos tramos o firme comezou a ceder e mesmo existen riscos de desprendementos de terra no talude paralelo á vía do ferrocarril.

O BNG quere que se proceda a consolidar esta vía mediante a prolongación do muro de contención existente e que remata, a día de hoxe, na rúa loureiro e que chegue até a conclusión da rúa Cardosas e que estas obras se acometan de modo inmediato polo que deben concretarse as xestións e actuacións a desenvolver coordenadamente entre o Concello e ADIF.»

Lea también

El BNG entrega más de 1.500 firmas para exigir gestión pública en la residencia de mayores del Bertón

El BNG ha presentado este viernes más de 1.500 firmas en Ferrol para reclamar que …