Fotografías e fiandeiras

fiandeiras-lavandeira
Con motivo das Letras Galegas as fiandeiras de Cabanas Rural visten os traxes de faena o vindeiro 17 de Maio en Lavandeira.

As fiandeiras, un grupo de 31 mulleres, acompañadas dun artesán e dous nenos, vestirán os traxes de faena e poñeranse á traballar a lá: escarpizando, cardando, fiando, bolillando, calcetando, bordando… e aqueles que o desexen poderán probar e aprender un chisco de fiado. Disfrutando dunha tarde adicada a unha labor milenaria convertida nunha arte a través das mans de aquelas persoas que a rescataron do seu esquecemento.

As fotografías tamén serán protagonistas deste Dia das Letras Galegas, despois de 6 anos no que recolléronse 600 instantáneas en branco e negro, tamén poderán ser contempladas por tódolos visitantes.

A escola de Lavandeira  (Lavandeira, 15 – 15612 Cabanas A Coruña) estará aberta o sábado 17 de Maio entre as 16:30 até as 19:00 horas.

Lea también

Un hombre apuñala en un brazo al dueño de la vivienda que ocupa ilegalmente en As Pontes al cortarle una conexión de luz ilegal

La Guardia Civil mantiene abierta una investigación contra un hombre acusado de agredir con un …