COGAVE apoia as reivindicacións do sector naval de Ferrolterra

confederacionCOGAVE (Confederación Galega de Asociacións Veciñais, que aglutina a Federacións Veciñais das catro provincias e representa a máis de 400 Asociacións Veciñais de toda Galicia) quere mostrar o seu apoio ás reivindicacións da Federación Veciñal “Roi Xordo” de Ferrol en relación ao sector naval galego.

Todas as propostas presentadas teñen como referencia común a creación e/ou mantemento do emprego xa que está en xogo un sector que xera un número moi importante de postos de traballo, directos e indirectos, o cal leva consigo a supervivencia e o futuro económico e social das comarcas implicadas.

En concreto queremos mostrar a nosa solidariedade co cidade e comarca de Ferrol. Cómpre que o goberno escoite a voz dunha cidade reclamando carga de traballo, a construción do dique flotante e a continuidade dos contratos de Pemex, máis alá de anuncios e polémicas mediáticas.

Ferrolterra necesita solucións. Solucións para unha comarca agonizante con unha taxa de desemprego superior, con moito, á media galega e estatal, unha comarca onde xa a taxa de ocupación é das máis baixas do Estado e que xa , de forma unánime saíu á rúa en manifestacións multitudinarias e folgas xerais comarcais, tamén, practicamente totais.»

 

 

 

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …